Extensión de RDF Schema con maior capacidade expresiva que permite definir ontoloxías máis complexas, con tres variantes: OWL Lite, OWL DL e OWL Full, das que as dúas primeiras corresponden con formalismos de lóxica descritiva e a terceira proporciona unha integración máis completa con RDF, pero cuxos procesos inferenciais asociados son computacionalmente moito máis complexos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
OWL; WOL
Exemplo:
Web semánticaInformación complementaria:
O acrónimo esperable para Web Ontology Language sería "WOL" e non "OWL". Aínda que o personaxe Owl dos debuxos animados de Winnie the Pooh escribía o seu nome como "WOL", propúxose o acrónimo "OWL" sen referirse a este bufo, pois é mais fácil de pronunciar, pode suxerir logotipos, asociarse coa sabiduría e servir de homenaxe ao proxecto "One World Language Knowledge Representation" de William A. Martin.
Ver tamén:
Resource Description Framework; RDF Schema