Metodoloxía baseada nos algoritmos evolutivos e inspirada na evolución biolóxica para construír programas de computación que realicen unha tarefa definida polo usuario.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
É unha especialización dos algoritmos xenéticos na que cada individuo da poboación é un programa informático. É polo tanto unha técnica de aprendizaxe automática utilizada para optimizar unha poboación de programas de acordo a unha función de axuste que avalía a capacidade de cada programa para levar a cabo a tarefa en cuestión.