Estudo dos métodos para obter o sentido dunha información cifrada, sen acceso á información secreta requirida para obter este sentido, o que se traduce en conseguir a clave secreta.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
NA
Abreviatura:
NA
Exemplo:
A seguridade dun método de cifraxe debe ser probada a través de moitos intentos de criptoanálise.Información complementaria:
Segundo a información que teña o atacante (criptoanalista) pódese falar de diferentes tipos de criptoanálise: - Ataque con textos cifrados: captúrase textos cifrados pero non se coñece o texto plano de ningún. - Ataque con texto plano coñecido: captúrase textos cifrados e os correspondentes textos planos. - Ataque con texto seleccionado: o atacante pode elixir un texto plano e obter a cifraxe que corresponde. Sempre se supón que o atacante coñece o algoritmo pero descoñece a clave.
Ver tamén:
criptografía