Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

codificador-descodificador

Especificación desenvolvida en programa, soporte físico ou unha combinación de ambos os dous, capaz de transformar un arquivo cun fluxo de datos ou un sinal.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura: 
códec
Información complementaria: 
Os códecs poden codificar o fluxo ou o sinal (a miúdo para a transmisión, a almacenaxe ou a cifraxe) e recuperalo ou descifralo do mesmo modo para a reprodución ou a manipulación nun formato máis axeitado para estas operacións. Os códecs son usados a miúdo en videoconferencias e emisións de medios de comunicación. A maior parte de códecs provoca perdas de información para conseguir un tamaño o máis pequeno posible do arquivo destino. Hai tamén códecs sen perdas, pero na maior parte de aplicacións prácticas, para un aumento case imperceptible da calidade, non paga a pena un aumento considerable do tamaño dos datos. A excepción é se os datos sufrirán outros tratamentos no futuro. Neste caso, unha codificación repetida con perdas, co tempo, danaría demasiado a calidade. Moitos arquivos multimedia conteñen tanto datos de audio coma de vídeo, e a miúdo algunha referencia que permite a sincronización de ambos. Cada un destes tres fluxos de datos pode ser manexado con programas, procesos, ou hardware diferentes; pero para que estes streams sexan útiles para almacenalos ou transmitilos, deben de ser encapsulados xuntos. Esta función é realizada por un formato de arquivo de vídeo (contedor), como .mpg, .avi, .mov, .mp4, .rm, .ogg, .mkv ou .tta, entre outros. Algúns destes formatos están limitados a conter streams que se reducen cun pequeno xogo de códecs, mentres que outros son usados para obxectivos máis xerais.
Ver tamén: 
codificador
Traducions
Tradución portugués: 
codificador-descodificador; codec
Tradución castelán: 
codificador-decodificador; códec
Tradución francés: 
compressión-décompression; codage-decodage; code-decode; codec
Tradución italiano: 
codificare-decodificare; codec
Tradución inglés: 
codec
Tradución alemán: 
coder und decoder; Codec