Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

liña de comandos

Programa informático que actúa como interface de usuario para a interacción do usuario co sistema operativo mediante unha fiestra que espera ordes escritas polo usuario no teclado, que son interpretadas e entregadas ao sistema operativo para a súa execución.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
consola; intérprete de ordes; intérprete de mandatos; intérprete de liña de mandatos; intérprete de comandos; terminal; shell
Exemplo: 
O administrador estaba a realizar unha proba da conectividade da rede a través da liña de comandos.
Información complementaria: 
A resposta do sistema operativo móstraselle ao usuario na mesma fiestra. A continuación, a consola queda esperando máis instrucións. Interactúase coa información do xeito máis sinxelo posible, sen gráficas, só texto. Por extensión tamén se lle chama intérprete de comandos a algunhas interfaces de programas que comunican ao usuario co software ou co cliente dun servidor, como por exemplo, bancos de datos (MySQL, Oracle) ou outros programas (openSSL, FTP). Existen para diversos sistemas operativos, diversos hardware, con diferentes funcionalidades. Adoitan incorporar características tales como control de procesos, redirección de entrada/saída, listaxe e lectura de ficheiros, protección, comunicacións e unha linguaxe de ordes para escribir programas por lotes, scripts ou guións.
Traducions
Tradución portugués: 
linha de comandos
Tradución castelán: 
línea de comandos; intérprete de línea; intérprete de comandos; terminal; consola
Tradución francés: 
interface en ligne de commande
Tradución italiano: 
interfaccia a riga di comando
Tradución inglés: 
command-line interface; CLI
Tradución alemán: 
Konsole; Terminal; Kommandozeile; Befehlszeile