Tarxeta intelixente desmontable usada en teléfonos móbiles que almacena de forma segura a clave de servizo do subscritor usada para identificarse ante a rede, de forma que sexa posible cambiar a liña dun terminal a outro simplemente cambiando a tarxeta.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
tarxeta SIM; SIM; modulo de identificación do abonado
Información complementaria:
O uso da tarxeta SIM é obrigatorio en redes GSM. O seu equivalente en redes UMTS denomínase USIM ou UICC (acrónimo de Universal Integrated Circuit Card, Tarxeta Universal de Circuíto Integrado), sendo máis popular o RUIM (Removable User Identify Module, Módulo de Identidade de Usuario Desmontable) nos teléfonos CDMA. As tarxetas SIM están dispoñibles en dous tamaños. O primeiro é similar ao dunha tarxeta de crédito (85,60 × 53,98 × 0,76 mm). O segundo, máis popular, é a versión pequena (25 × 15 × 0,76 mm).
Ver tamén:
sistema global de comunicacións móbiles