Interface de programación de aplicacións para desenvolvemento de programas de gráficos 3D escritos en C++ concibida para prover dunha capa de alto nivel á programación de OpenGL, co que se consegue unha maior velocidade de desenvolvemento de aplicacións e unha maior eficiencia das mesmas.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Deseñada por SGI, orixinalmente denominábase IRIS Inventor.
Ver tamén:
C++; interface de programación de aplicacións; Open Graphics Library; 3D