Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Berkeley Software Distribution

'Distribución de programas de Berkeley', sistema operativo derivado de Unix nacido a partir das contribucións realizadas a ese sistema pola Universidade de California en Berkeley.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura: 
BSD
Información complementaria: 
Nos primeiros anos do sistema Unix os seus creadores, os Laboratorios Bell da compañía AT&T, autorizaron á Universidade de California en Berkeley e outras universidades a utilizar o código fonte e adaptalo ás súas necesidades. Durante a década dos setenta e dos oitenta Berkeley utilizou o sistema para as súas investigacións en materia de sistemas operativos. Cando AT&T retirou o permiso de uso á Universidade por motivos comerciais, a Universidade promoveu a creación dunha versión inspirada no sistema Unix utilizando as contribucións que eles realizaran, permitindo logo a súa distribución con fins académicos e ao cabo dalgún tempo reducindo ao mínimo as restricións referente á súa copia, distribución ou modificación. Algúns sistemas operativos descendentes do sistema desenvolvidos por Berkeley son SunOS, FreeBSD, NetBSD, OpenBSD e Mac OS X. BSD tamén fixo grandes contribucións no campo dos sistemas operativos en xeral, como por exemplo: o manexo de memoria virtual paxinada por demanda; o control de traballos; Fast FileSystem; o protocolo TCP/IP (case todas as implementacións de TCP derivan da de 4.4BSD-Lite); o editor de texto vi.
Ver tamén: 
Unix
Traducions
Tradución portugués: 
Berkeley Software Distribution; BSD
Tradución castelán: 
Berkeley Software Distribution; BSD
Tradución francés: 
Berkeley Software Distribution; BSD
Tradución italiano: 
Berkeley Software Distribution; BSD
Tradución inglés: 
Berkeley Software Distribution; BSD
Tradución alemán: 
Berkeley Software Distribution; BSD