Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

base de información de xestión

Base de datos que contén información xerárquica, estruturada en forma de árbore, de todos os dispositivos xestionados nunha rede de comunicacións, que forma parte da xestión de rede definida no modelo OSI.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
base de información xestionada
Información complementaria: 
Define as variables usadas polo protocolo SNMP para supervisar e controlar os compoñentes dunha rede. Está composta por unha serie de obxectos que representan os dispositivos (como encamiñadores e conmutadores) na rede. Cada obxecto manexado nunha base de información de xestión ten un identificador de obxecto único e inclúe o tipo de obxecto (contador ou secuencia), o nivel de acceso (lectura e escritura), restricións de tamaño, e a información de rango do obxecto. Os formatos da base de información de xestión de CMIP e do SNMP diferéncianse en estrutura e complexidade. O programa que procesa esa información para crear a base de datos denomínase "compilador de bases de información de xestión" (MIB Compiler). As bases de información de xestión adoitan ser modificadas cada certo tempo para engadir novas funcionalidades, eliminar ambigüidades e arranxar fallos.
Ver tamén: 
Open System Interconnection
Traducions
Tradución portugués: 
base de informação de gestão
Tradución castelán: 
base de información gestionada
Tradución francés: 
base d'information pour la gestion du réseau; base de données administratives; base d'informations de gestion
Tradución italiano: 
base di informazioni per la gestione
Tradución inglés: 
Management Information Base; MIB
Tradución alemán: 
Management Information Base; MIB