Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

oscilador controlado por tensión

'Oscilador controlado por tensión', dispositivo electrónico que usa amplificación, realimentación e circuítos resoantes e que dá á súa saída un sinal eléctrico de frecuencia proporcional á tensión de entrada.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura: 
VCO
Información complementaria: 
Normalmente a saída é un sinal sinusoidal, aínda que en VCO dixitais é un sinal cadrado. Cando a entrada é 0V, o VCO ten un sinal cunha frecuencia chamada frecuencia libre de oscilación e ante as variacións da entrada sobe ou baixa a frecuencia da súa saída de forma proporcional. Unha aplicación típica dos VCO é xerar sinais modulados en frecuencia (FM). Tamén son usados como parte de bucles de enganche de fase. Adoitan empregarse en aplicacións electrónicas de comunicacións. Na súa construción poden utilizarse distintos dispositivos, sendo os máis habituais os diodos varicap e os cristais de cuarzo. Este tipo de osciladores adoita presentar problemas debido a que os cambios de temperatura e a humidade afectan á súa afinación.
Traducions
Tradución portugués: 
oscilador controlado por tensão
Tradución castelán: 
oscilador controlado por tensión
Tradución francés: 
oscillateur contrôlé en tensión
Tradución italiano: 
oscillatore controllado in tensione
Tradución inglés: 
Voltage Controlled Oscillator; VCO
Tradución alemán: 
spannungsesteuerter Oszillator