Conxunto de normas establecidas para o comportamento dos robots.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
As leis establecen que:
1º Un robot non pode facer mal a un ser humano, ou permitir que se lle faga mal a un ser humano.
2º Un robot debe obedecer as ordes que lle dean os seres humanos, salvo que entre en conflito coa primeira lei.
3º Un robot debe protexerse para sobrevivir, agás que entre en conflito coas leis 1 ou 2.
As leis da robótica foron escritas por Isaac Asimov, escritor de ciencia ficción