Procesamento que permite obter unha imaxe con maiores dimensións nominais que as da imaxe orixinal.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
ampliación
Información complementaria:
Pode ter un factor de magnificación común para as dúas dimensións ou un factor de magnificación distinto para cada dimensión. Normalmente a aplicación da función de magnificación require a dunha función de interpolación para obter as intensidades dos novos píxeles.
Ver tamén:
factor de magnificación