Conxunto de técnicas de procesamento da imaxe para analizar o contido dunha escena.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
O robot fai unha análise de escena para posicionarse no seu mundo e poder moverse sen axuda humana.Información complementaria:
As escenas que se analizan poden ser dunha aplicación específica (por exemplo, TSR para recoñecer sinais nunha escena de tráfico ou escenas 3D para a navegación do robot) ou en xeral (recoñecer unha paisaxe ou persoas nela).