En morfoloxía matemática, erosión dun conxunto seguido dunha dilatación do resultado utilizando un elemento estruturante determinado.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
Fixen unha apertura da imaxe para eliminar os pequenos grans do fondo.Información complementaria:
A apertura morfolóxica utilízase no procesamento de imaxe e na visión por computadora xa que elimina pequenos obxectos, elimina as protuberancias que sobresaen do conxunto e que son máis delgadas que o elemento estrutural, suaviza o contorno do obxecto e elimina as pequenas conexións (menores que o tamaño do elemento estruturante) que poden aparecer entre os distintos obxectos polo preprocesamento de imaxe.
Ver tamén:
dilatación; elemento estruturante; erosión; morfoloxía matemática; peche morfolóxico