Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

análise de compoñentes principais

Técnica estatística para reducir o número de dimensións dun conxunto de datos, pasando dun conxunto de variables con posible correlación a datos non relacionados, denominados compoñentes principais.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura: 
ACP
Información complementaria: 
Esta técnica de análise busca a mellor proxección dos datos de forma que queden mellor representados en termos de mínimos cadrados. A primeira compoñente principal é a máis representativa do conxunto dos datos e as compoñentes principais que se van engadindo son as máis representativas dentro do conxunto restante.
Traducions
Tradución castelán: 
análisis de componentes principales
Tradución inglés: 
principal component analysis