Dispositivo óptico ou electrónico para ver na noite ou en condicións de baixa visibilidade.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina que non admite singular (páxinas amarelas)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Os soldados utilizan lentes de visión nocturna para poder atacar os obxectivos.Información complementaria:
Os dispositivos ópticos conseguen visibilidade nocturna a base de lentes grandes que conseguen captar máis luz e, polo tanto, que ao ollo lle chegue con máis intensidade. Os dispositivos electrónicos amplifican a luz que lle chega a un sensor de imaxe (cámara), ou ben procesan a imaxe para conseguir un maior contraste ou visibilidade, ou ben traballan nun rango do espectro invisible (normalmente no infravermello próximo) e preséntanlle ao ollo as imaxes obtidas no espectro visible.
Ver tamén:
espectro visible; visión nocturna