Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

análise de formas

Conxunto de algoritmos destinados a detectar a presenza de formas xeométricas nun conxunto de datos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo: 
Utiliza unha análise de formas para detectar a presenza de carteis publicitarios nas imaxes.
Información complementaria: 
Normalmente o conxunto de datos para analizar será unha imaxe na que se desexa atopar un obxecto cunha forma específica ou similar. Para iso o proceso habitual é obter o contorno dos obxectos presentes na imaxe e comparalo co contorno da forma xeométrica determinada. Un dos algoritmos mais en voga é o "shape context". Ás veces obtense o conxunto de datos calculando os descritores de forma ("shape descriptors") dos obxectos de mostra e compárase o descritor de forma do obxecto de interese con ese conxunto de datos.
Traducions
Tradución castelán: 
análisis de forma
Tradución inglés: 
shape analysis