Persoa con coñecementos das novas tecnoloxías que axuda, de forma desinteresada, a fomentar o uso e coñecemento das ferramentas tecnolóxicas, ao despegue da alfabetización dixital e a eliminar a fenda dixital.
Categoría Gramatical:
substantivo que permite flexión de xénero (ex.: administrativo/administrativa)
Información complementaria:
Os cibervoluntarios diríxense especialmente ás persoas con menores oportunidades ou capacidades de acceso e formación, como discapacitados, persoas maiores, etc. e poden colaborar presencialmente en cursos ou en liña como na Wikipedia.
Ver tamén:
ciber-; fenda dixital