Conxunto de funcións en código executable que poden ser chamadas por algunhas aplicacións no seu arranque ou ben no seu tempo de execución.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
biblioteca de enlace dinámico; biblioteca
Información complementaria:
Utilízanse amplamente porque, ao ser un código executable, poden ser utilizadas por varias aplicacións distintas, aforran recursos do sistema, reducen o tamaño dos arquivos executables das aplicacións, permiten que ocupen menos espazo na memoria RAM (porque tan só se cargará o código específico que sexa necesario en cada momento) e simplifican o proceso de mellora e actualización do programa, dado que bastará con actualizar a biblioteca concreta en lugar de ter que cambiar toda a aplicación que fai uso dela. Non todo son vantaxes: compartir as bibliotecas de enlaces dinámicos pode levar á inestabilidades do sistema se, cando se desinstala unha aplicación, se elimina unha biblioteca que precisaba outro programa para funcionar.
Ver tamén:
aplicación; programa