'Enderezo de control de acceso ao medio', en redes de ordenadores, identificador de 48 bits que corresponde de forma única a unha tarxeta ou a unha interface de rede.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
Medium Access Control Adress; enderezo físico
Información complementaria:
Os enderezos MAC son únicos en todo o mundo, posto que son escritos directamente, en forma binaria, no propio dispositivo hardware no momento da fabricación. Debido a isto, os enderezos MAC son ás veces chamados Burned-In Addresses. Cada dispositivo de rede do mundo ten o seu propio enderezo MAC determinado e configurado polo IEEE (os últimos 24 bits) e o fabricante (os primeiros 24 bits).
Ver tamén:
enderezo IP; ethernet; Instituto de enxeñeiros electrónicos e eléctricos; Wi-Fi