Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

canle dual

Tecnoloxía para memorias aplicada nos computadores persoais que permite o incremento do rendemento grazas ao acceso simultáneo a dous módulos distintos de memoria, que se consegue mediante un segundo controlador de memoria na ponte norte.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura: 
CD
Información complementaria: 
As melloras de rendemento son particularmente perceptibles cando se traballa con controladores de vídeo integrados á placa base xa que estas, ao non contar con memoria propia, usan a memoria RAM ou memoria principal do sistema e, grazas á canle dual, poden acceder a un módulo mentres o sistema accede ao outro. Para que a computadora poida funcionar con canle dual débense ter dous módulos idénticos de memoria DDR, DDR2 ou DDR3 (xa que non é posible usalo en SDR) nos zócolos correspondentes da placa base e o chipset da placa base debe soportar a devandita tecnoloxía. Hai que ter moi en conta que as memorias sexan totalmente idénticas (frecuencia, latencias e fabricante), xa que no caso de que sexan distintas poida que non funcionen. Actualmente, é posible utilizar esta tecnoloxía en módulos de memorias DDR, DDR2, e DDR3 cuxas velocidades estean entre DDR266 e DDR3-2000.
Ver tamén: 
dobre taxa de transferencia; DDR2; DDR3; ponte norte
Traducions
Tradución castelán: 
dual channel
Tradución francés: 
canal double
Tradución italiano: 
dual channel
Tradución inglés: 
dual channel