Zócolo no que se conecta un microprocesador cun mecanismo que permite unha forza de inserción nula mediante un sistema mecánico de pancas.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
forza de inserción cero
Información complementaria:
Electricamente é como un PGA, aínda que grazas a un sistema mecánico é posible introducir o microprocesador sen necesidade de ningunha forza, o que evita o risco de ruptura dos seus conectadores. Deste xeito, conséguese inserir o microprocesador dentro da placa base sen esforzo por parte do usuario, sen máis que deixalo caer sobre el. Unha vez inserido, basta con pechar o sistema de panca para que o microprocesador quede completamente fixado á placa base.
Ver tamén:
microprocesador; placa base