Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

diplexor (01)

Compoñente pasivo de microondas e banda ancha que presenta dous portos que se multiplexan sobre un porto de saída e que produce a suma dos sinais de radiofrecuencia presentes na entrada pero dun xeito selectivo en frecuencia, de forma que o sinal presente nun porto ocupará a parte alta da banda de frecuencias resultante e o do outro porto a parte baixa.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
As portas de entrada adóitanse chamar H (de "high") e L (de "low"), mentres que a de saída, porta S (de "source"). Esta técnica chámase multiplexación en frecuencia e permite que os sinais compartan o medio físico sen interferir entre eles. Trátase dun dispositivo bidireccional. Se o número de portos multiplexados é de tres, o dispositivo chámase triplexor.
Ver tamén: 
combinador; multiplexación; repartidor
Traducions
Tradución castelán: 
duplexor
Tradución francés: 
diplexeur
Tradución inglés: 
diplexer