Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

conectador coaxial tipo 1,85 mm

Conectador coaxial de radiofrecuencia do tipo subminiatura con capacidade de traballo libre de modos na banda de frecuencias de ata 65 GHz, emprégase con cable coaxial UT-085, que presenta un modo a 61 GHz, e máis habitualmente con coaxial UT-047 que non presenta modos na banda de operación do conector.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Foi deseñado nos laboratorios Hewlett-Packard a mediados da década de 1980, e presentado públicamente en 1988 para a súa estandarización. Debe o seu nome ó diámetro interior do conductor exterior, empregando como dieléctrico o aire. Destínase o seu uso á investigación. Só poden atoparse en catálogo de poucos fabricantes, algún dos cales usan outras denominacións para esta xeometría, como o conector V de Wiltron/Anritsu Corporation. Resulta electrica e mecanicamente incompatible con outros conectores subminiatura de tipo SMA, e dada a súa semellanza co APC-2.4, dispúxoselle unha rosca distinta para evitar conexións erróneas que danarían o conectador.
Ver tamén: 
conectador coaxial tipo V
Traducions
Tradución castelán: 
conector coaxial tipo 1,85mm
Tradución francés: 
connecteur coaxial 1.85 mm
Tradución inglés: 
coaxial connector 1.85 mm