Proceso mediante o cal o ollo pode enfocar obxectos próximos, aumentando a potencia refractiva do cristalino mediante un incremento do seu espesor e da curvatura, xa que normalmente, en estado de relaxación, o ollo enfoca obxectos afastados.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
acomodación
Exemplo:
Os ollos da xente nova poden enfocar desde 7 cm ata o infinito grazas á acomodación.Información complementaria:
O ideal dos sistemas de visión artificial sería poder imitar o proceso de acomodación do ollo para poder enfocar calquera distancia.
Ver tamén:
óptica; lente; sistema visual humano