Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Sistema de versións concorrentes

'Sistema de versións concorrentes', aplicación informática que permite o desenvolvemento colaborativo dun proxecto ou obxecto, normalmente, aplicacións ou documentos, que se responsabiliza do control das versións, dos cambios efectuados polos diferentes autores que teñen acceso desenvolvendo de xeito compartido o mesmo, e do acceso.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura: 
CVS
Exemplo: 
Os 10 traballadores da empresa traballan en distintas cidades, sincronizando o traballo a través dun CVS.
Información complementaria: 
Esta aplicación baséase no rexistro do traballo e dos cambios nos arquivos (código fonte, configuración, etc.) e facilita enormemente o traballo a distancia entre varios desenvolvedores.
Traducions
Tradución portugués: 
sistema de versôes concorrentes; Concurrent Versions System; CVS
Tradución castelán: 
sistema de versiones concurrentes; Concurrent Versions System; CVS
Tradución francés: 
Concurrent Versions System; CVS
Tradución italiano: 
Concurrent Versions System; CVS
Tradución inglés: 
Concurrent Versions System; CVS
Tradución alemán: 
Concurrent Versions System; CVS