Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Macintosh

Computadora persoal deseñada, desenvolvida, construída e comercializada pola empresa Apple.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura: 
Mac
Exemplo: 
Macintosh foi o primeiro computador persoal comercializado exitosamente que usaba rato en lugar de interface por liña de comandos, o estándar desa época.
Información complementaria: 
O primeiro Macintosh lanzouse ao mercado en 1984. Os primeiros Macintosh estaban baseados nos microprocesadores da familia Motorola 68k, de tecnoloxía CISC. En marzo de 1994, Apple introduciu na gama Macintosh os chips PowerPC do Consorcio Apple/IBM/Motorola, que supuñan o cambio á tecnoloxía RISC. No 2006 Apple iniciou a transición desde a liña de PowerPC line aos procesadores Intel con arquitectura x86. Os Mac actuais usan a serie de microprocesadores Intel Core, Intel Core 2 e Intel Xeon 5100. Todos os modelos de Mac actuais veñen preinstalados cunha versión nativa da última versión de Mac OS X, que actualmente está na súa versión Mac VOS X v10.5.3, coñecida como Leopard.
Ver tamén: 
Apple; International Business Machines Corporation; Mac OS X; ordenador portátil
Traducions
Tradución portugués: 
Macintosh; Mac
Tradución castelán: 
Macintosh; Mac
Tradución francés: 
Macintosh; Mac
Tradución italiano: 
Macintosh; Mac
Tradución inglés: 
Macintosh; Mac
Tradución alemán: 
Macintosh; Mac