Reducir o consumo de enerxía dun equipo ao cortar a alimentación dos compoñentes do soporte físico que non se utilizan.
Categoría Gramatical:
locución verbal (levar a cabo)
Sinónimos:
suspender o ordenador; suspender o computador; suspender a computadora
Información complementaria:
Un ordenador pode apagarse, suspenderse ou facer que hiberne. O modo de suspensión pode interromper a alimentación de dispositivos periféricos, do monitor e ata do disco duro, pero mantén a alimentación da memoria do equipo para que non perda o traballo.
Ver tamén:
alimentación; apagar; enerxía; hibernar; periférico







