Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Xvid

Codificación de vídeo baseada no estándar MPEG-4 AS e compatible coa maior parte dos reprodutores DVD que proporciona unha alta calidade e compresións de vídeo relativamente elevadas.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria: 
Foi desenvolvido como un proxecto de software libre. Grazas a esta codificación é posible comprimir unha película de hora e media cunha calidade próxima á orixinal nun único ficheiro de 700 MB. Polo xeral, o audio adoita estar comprimido en MP3, aínda que tamén se utiliza o AC3, que proporciona audio de alta calidade. Pódese combinar igualmente co OGG, o que fará que o arquivo final ocupe un pouco menos sen apenas notar diferenza na calidade do audio.
Antónimos: 
DivX
Ver tamén: 
codificador-descodificador; MPEG-1 layer 3; Ogg; OGM
Traducions
Tradución portugués: 
XviD
Tradución castelán: 
Xvid
Tradución francés: 
Xvid
Tradución italiano: 
Xvid
Tradución inglés: 
Xvid