Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

memoria dinámica de acceso aleatorio

Memoria RAM que dispón dun conxunto de pequenos condensadores onde almacena os datos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
memoria dinámica; memoria RAM dinámica; RAM dinámica
Información complementaria: 
A maior parte dos módulos de memoria RAM instalados na actualidade son dinámicos, porque o seu prezo é inferior aos módulos estáticos. A diferenza coas estáticas consiste en que a información se perde co paso do tempo. Para evitar isto, é necesario lembrarlle os datos á memoria cada pouco tempo, o que se denomina 'tempo de refresco'. O refresco da memoria en modo normal está a cargo do controlador da memoria, que tamén cumpre a función de optimizar o tempo requirido para a operación do refresco. Algunhas memorias dinámicas deixan o coidado do refresco a circuítos externos, pero outras teñen a lóxica de refresco no mesmo chip. As RAM dinámicas son moito máis difíciles de conectar e de controlar internamente cás estáticas, inconveniente que se compensa porque as dinámicas teñen maior capacidade.
Antónimos: 
memoria dinámica de acceso aleatorio
Ver tamén: 
bit; cela de memoria; chip; memoria; memoria de acceso aleatorio; tempo de refresco
Traducions
Tradución portugués: 
memória viva dinâmica; Dynamic random access memory
Tradución castelán: 
DRAM; Dynamic Random Access Memory; memoria dinámica de acceso aleatorio
Tradución francés: 
mémoire vive dynamique; mémoire dynamique à accès direct
Tradución italiano: 
memoria di accesso casuale dinamica; DRAM; memoria RAM dinamica
Tradución inglés: 
Dynamic random access memory; DRAM
Tradución alemán: 
dynamisches RAM; DRAM