Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Video Home System

'Sistema doméstico de vídeo', estándar de reprodución e de gravación de audio e vídeo en formato analóxico.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura: 
VHS
Información complementaria: 
O formato empregado para facer as gravacións e reproducións son cintas de vídeo, de aspecto similar ás casetes, pero de maior tamaño. A información almacénase nunha banda magnética que é desprazada mediante dous carretes internos. O sistema de vídeo analóxico posúe moitas limitacións e moitas desvantaxes, entre outras, a degradación do soporte magnético co paso do tempo e coas condicións atmosféricas. En canto á reprodución, foi substituído polo DVD. Os reprodutores VHS aínda existentes na actualidade utilízanse para ver películas neste formato ou para realizar gravacións directas do televisor a cintas de vídeo de forma sinxela e con baixo custo.
Ver tamén: 
Betamax; Blu-ray; Digital Versatile Disk; disco compacto
Traducions
Tradución portugués: 
Video Home System; VHS
Tradución castelán: 
Video Home System; VHS
Tradución francés: 
Video Home System; VHS
Tradución italiano: 
Video Home System; VHS
Tradución inglés: 
Video Home System; VHS
Tradución alemán: 
Video Home System; VHS