Dispositivo electrónico sen cables consagrado á comunicación de voz, que accede á rede de telefonía móbil, e cuxa principal característica é a portabilidade.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
celular; teléfono móbil
Exemplo:
O meu móbil non só serve para falar, xa que dispón de cámara fotográfica, axenda, acceso a Internet e ata GPS.Información complementaria:
O termo "celular" provén dunha mala tradución do inglés "Cell", que nos principios desta tecnoloxía se refería ás celas de cobertura das estacións base. Ao pasar o termo a castelán, tomouse Cell como célula (en ocasións explicado este feito pola similitude da forma dunha cela de cobertura coa forma dunha célula) e pasou a traducirse como celular. En Xapón recibe o nome de keitai.
Ver tamén:
telefonía; portabilidade; teléfono







