'Protocolo de encapsulamento de conexión segura', protocolo que permite a conexión entre unha rede interna e unha rede externa (Internet ou ordenador externo) cando se quere acceder a un ordenador de dentro dunha rede interna a través de Internet desde outro ordenador de fóra desa rede interna.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
SSTP
Información complementaria:
Un problema existente é que estes protocolos poden ser bloqueados (por inseguros) por algunhas proxies web, devasas e mesmo encamiñadores Network Address Translation, que estean situados entre o cliente e o servidor. Para evitar este bloqueo e dotar de máis medidas de seguridade ao túnel creado inventouse o SSTP, que é un protocolo que permite facer túneles, pero sobre HTTP Secure, de xeito que proporciona maior fiabilidade na transmisión.
Ver tamén:
Layer 2 Tunneling Protocol; Hyper Text Transfer Protocol; HyperText Transfer Protocol Secure; Point-to-Point Tunneling Protocol; zócolo