Capacidade do sistema auditivo humano de procesar correctamente unha mensaxe contida nun sinal de voz.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Información complementaria:
A intelixibilidade dunha mensaxe depende da súa xeración, transmisión e reconstrución, e baséase máis na análise dos tramos xordos que dos sonoros, por presentaren estes unha maior enerxía.
Ver tamén:
claridade de voz; codificación perceptual; enmascaramento; modelo psicoacústico; psicoacústica; Rapid Speech Transmision Index; Speech Transmission Index