Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

son (01)

Onda elástica de baixa intensidade que se propaga lonxitudinalmente a través dun medio elástico, coma o aire, mediante perturbacións mecánicas débiles.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Exemplo: 
Para un neonato, coa capacidade auditiva sen perturbar, os sons audibles encóntranse na rexión do espectro comprendida entre os 16 Hz e os 22 KHz.
Información complementaria: 
Ao pasar polos distintos subsistemas do oído humano, as ondas son capaces de xerar sensacións sonoras no cerebro se a frecuencia das oscilacións se encontra dentro dos límites da audición.
Ver tamén: 
hipersón; infrasón; presión acústica
Traducions
Tradución portugués: 
som
Tradución castelán: 
sonido
Tradución francés: 
son
Tradución italiano: 
suono
Tradución inglés: 
sound
Tradución alemán: 
Schall