Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

codificación perceptual

Técnica de codificación dixital aplicada a sinais audiovisuais que se comprimen cunha significativa diminución de tamaño mediante modelos matemáticos que se basean nas limitacións físicas da percepción humana do audio (sistema auditivo) ou da imaxe (sistema ocular).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Estes algoritmos de compresión baséanse na codificación da información capaz de ser procesada polo oído (audio) ou polo ollo (vídeo), rexeitando o resto e acadando polo tanto elevadas ratios de compresión sen perda perceptible de calidade. A diferenza das técnicas clásicas, baseadas no emisor, estes métodos baséanse no receptor. A peneira da información prodúcese fixando os limiares de sensibilidade baixo os cales se elimina a información que os sistemas receptores humanos non son capaces de procesar.
Ver tamén: 
codificación; codificación sen perdas; codificación con perdas; psicoacústica; modelo psicoacústico
Traducions
Tradución portugués: 
codificação perceptual
Tradución castelán: 
codificación perceptual
Tradución francés: 
compression perceptuelle
Tradución inglés: 
perceptual codification; perceptual coding; perceptual compression