Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Comisión Electrotécnica Internacional

Organismo internacional que regula a normalización e os estándares no eido da electrotecnia, para as tecnoloxías eléctrica, electrónica e relacionadas, como a xeración e distribución de electricidade, os semicondutores e relacionados, as fibras ópticas, etc.

Categoría Gramatical: 
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
CEI
Exemplo: 
Á CEI débeselle a primeira proposta dun sistema de unidades estándar, o sistema Giorgi, que co tempo se convertería no sistema internacional de unidades.
Información complementaria: 
Fundouse no 1904 durante o Congreso Eléctrico Internacional de San Luis (Estados Unidos) e o seu primeiro presidente foi Lord Kelvin. A súa sede estableceuse en Londres ata que en 1948 se trasladou a Xenebra. Está integrada polos organismos nacionais de normalización dos países membros nas áreas indicadas. En 2003 pertencían á IEC máis de 60 países. Esta organización foi a primeira en propor un sistema de unidades estándar, que pasado o tempo se convertería no sistema internacional de unidades. Organismo responsable dos estándares do modelo de referencia de interconexión de sistemas abertos (ISA), conxuntamente coa Organización Internacional de Normalización (ISO).
Traducions
Tradución portugués: 
International Electrotechnical Commission; IEC; Comissão Eletrotécnica Internacional
Tradución castelán: 
International Electrotechnical Commission; IEC; Comisión Electrotécnica Internacional
Tradución francés: 
International Electrotechnical Commission; IEC; Commission électrotechnique internationale
Tradución italiano: 
International Electrotechnical Commission; IEC; Commissione Elettrotecnica Internazionale
Tradución inglés: 
International Electrotechnical Commission; IEC
Tradución alemán: 
International Electrotechnical Commission; IEC; Internationale Elektrotechnische Kommission