Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

categoría 6

Sistema de cablaxe de datos empregado en redes Ethernet xigabit, definido no estándar TIA/EIA-568-B, o cal transmite en frecuencias de ata 250 MHz cunha velocidade máxima de transmisión de 1000 Mbps, e que consta de 4 pares de cobre trenzados co fin de diminuír a atenuación.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura: 
cat 6
Exemplo: 
Teño unha rede de categoría 6.
Información complementaria: 
Fronte á categoría 5e presenta mellores taxas de atenuación, taxa de erro de bit e apantallamento, o que significará velocidades de transmisión maiores. Parámetros da normativa: Frecuencia máxima: 250 MHz; Atenuación: 31,82 dB; NEXT: 35,35 dB; PSNEXT: 35,72 dB; ELFEXT: 17,25 dB; PSELFEXT: 14,25 dB
Ver tamén: 
categoría 5; categoría 5e; TIA/EIA-568-B
Traducions
Tradución castelán: 
categoría 6