Técnica de compresión de datos que xera cadeas de datos con densidade de bits variable ao longo do tempo do audio ou vídeo, adaptándose ás necesidades (ou á capacidade da liña que o transfire) da información codificada.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
As técnicas de densidade de bits variable son moi empregadas para transmisión de audio e vídeo.Información complementaria:
Este sistema aplica a densidade de bits precisa en cada intre para non desperdiciar bits innecesarios en caso de información monótona e para non quedarse curto en caso de momentos de información máis complexa. No caso de necesidades menores, como poden ser silencios nunha cadea de audio, a densidade será menor. A pesar de que "rate" en inglés significa "taxa", "ratio", "relación" ou "velocidade", semella lexítimo falar de "densidade" debido a que a estrutura variable dos bits é independente de se transmite ou non os datos contidos neles. Non debe confundirse a densidade de bits co fluxo de bits (velocidade na transferencia).
Antónimos:
densidade de bits constanteVer tamén:
cadea de bits; densidade de bits; densidade de bits constante; fluxo de bits; velocidade de transferencia