Montar un sistema operativo sobre outro de xeito que funcionen illadamente entre eles.
Categoría Gramatical:
verbo, simplemente (play), xa se subclasificarán
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Na actualidade moitas empresas comezan a virtualizar os equipos para aforrar custos.Información complementaria:
Con esta técnica pódese montar un sistema operativo Windows sobre un Linux ou viceversa. Isto é debido ao avance do soporte físico. Posto que normalmente unha gran parte dos recursos dun equipo están libres a maior parte do tempo, pódense empregar os dispoñibles para realizar novas tarefas ou para asignar un novo espazo de traballo a outros usuarios. A técnica tamén é útil para empregar aplicacións que só funcionan nun sistema operativo, cando se ten como base outro distinto. Outra posibilidade é virtualizar distintos servidores nun só equipo, de xeito que se teñan diferentes servidores para distintas aplicacións, grupos de usuarios, etc.