Ferramenta de axuda ao desenvolvemento de todas as fases do ciclo de vida da implementación do software, incluíndo codificación, compilación de probas, cálculo de custos e documentación.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Non se deben confundir as ferramentas CASE cos IDE ou ferramentas RAD, aínda que estas poden formar parte dos módulos da primeira. As dúas últimas poden atoparse por separado (e de feito é o máis habitual, sobre todo as IDE).
Ver tamén:
enxeñaría asistida por computador; ferramenta RAD