Unidade de iluminancia ou nivel de iluminación do Sistema internacional que equivale a un lumen/m².
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Sinónimos:
lumen/m²; lumen por metro cadrado
Abreviatura:
lx
Información complementaria:
Utilízase en fotometría como medida da intensidade luminosa, tomando as distintas lonxitudes de onda segundo a función de luminosidade, nun modelo estándar da sensibilidade á luz do ollo humano.
Ver tamén:
espectro visible; lambda; lumen; luminosidade; Sistema Internacional